Unha antiga alumna do IES García Barbón acada un “Premio de Excelencia Académica”
Paula Alonso Campos,
estudante de 2º de Bacharelato do IES García Barbón -durante o curso 2015/2016-
recibirá o día 20 de abril un dos Premios de Excelencia Académica que concede a
Universidade de Vigo aos mellores expedientes académicos –cunha nota media de
9.9-. Noraboa! para Paula de parte da comunidade educativa do IES García
Barbón.
Na entrega do Premio estivo -en nome do director- o secretario do centro e profesor de Economía Adrián Fernández García.
No hay comentarios:
Publicar un comentario