Carlos Matos,
profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacional de Ebru que
terá lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga
técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é
transferida a soporte de papel.
Carlos Matos aprendeu esta técnica
co mestre turco Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido
número de artistas internacionais, participará na exposición paralela ao
congreso que se celebrará nos antigos pazos otomanos de Esma Sultan e de
Dolmabahçe, na beira europea do Bósforo.
VI
Congreso Internacional de Ebru en estambul (9 ao 13 de maio de 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario