O día 7 de maio o escritor Diego Ameixeiras
falou da súa obra ao alumnado de Bacharelato do IES García Barbón.
Na súa
intervención, fíxo especial fincapé na súa novela “Tres segundos de memoria”
–obra que leran os mozos e mozas que escoitaban a súa charla- e explicou as
fases do proceso de creación e redacción da mesma. Tamén reflexionou sobre as
dificultades de ser escritor en lingua galega en Galicia.
O alumnado mostrou moito interese e realizou unha
manchea de preguntas a Diego Ameixeiras.
Moitas grazas a Diego pola súa colaboración co IES García Barbón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario