Páginas

viernes, 8 de mayo de 2015

FOTOS DA EXCURSIÓN DOS ESTUDANTES DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA

Excursión alumnas TCAE

Itinerario:
Martes 21 de Abril:
-Visita centro Aixiña en Ourense:  Asociación para discapacidade física e parálise cerebral. Visitamos as instalación deste centro que está dotado de centro de día para maiores e están xestionando a apertura dunha residencia, teñen centro de día para parálise cerebral , realizan talleres de emprego para persoas con discapacidade e múltiples actividades de estimulación e ocio para as persoas con discapacidade e as súas familias. Neste  centro sitúanse as sedes de varias asociación coas que comparten espazos.



- Visita ao Balneario Acuña en Caldas de Reis: visitamos as instalacións deste balneario no que se realizan diversos tratamentos de hidroterapia e respiratorios. Participouse nun circuito termal e algúns alumnos realizaron tratamentos de hidroterapia.



Mércores 22 de Abril:
-Visita CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago): Realizamos un percorrido polos servizos de diálisis, urxencias, esterilización e endoscopias deste hospital, no que fomos recibidos polo director de enfermería do centro e polas supervisoras de cada servizo que nos explicaron en detalle o funcionamento dos mesmos.




-Visitamos “soluciona grupo EMS”: Empresa situada no polígono industrial en Santiago de Compostela que comercializa produtos de apoio para as actividades da vida diaria en persoas dependentes. Nas súas instalacións simulan unha vivenda adaptada onde nos explicaron as diversas opcións sobre os produtos de apoio para aseo, mobilización, alimentación…


Textos e fotos: Beatriz Mira Miñones





No hay comentarios:

Publicar un comentario