Páginas

martes, 10 de febrero de 2015

Unha década de Blogorientación (2005/2015)



O día 14 de febreiro de 2015 temos que celebrar un cumpreanos. Imos adiantar o acontecemento e aproveitar para engadir algunhas reflexións que nos axuden a seguir aprendendo.Crear un blog é sinxelo, mantelo durante dez anos e procurar aportar información de interese e utilidade para o conxunto da comunidade educativa é un reto que che axuda a aprender de maneira permanente. Iso é o máis importante!
O blog de Orientación do IES García Barbón ten sido un espazo de aprendizaxe para o seu autor e unha guía de información académica e profesional para o alumnado, o profesorado e as familias.
A nosa aposta decidida polo uso das TIC no centro, fixo posible a realización de moitas actividades de formación do profesorado en centro, a impartición dunha machea de cursos para o profesorado -fundamentalmente nos Centros de Formación e Profesores- e a  docencia da materia de TIC en Bacharelato durante seis cursos (2008/2014). Neste tema, non podo deixar de lembrar a unha persoa, Manuel López Méndez, amigo e compañeiro en moitas actividades e proxectos ilusionantes.
Por último,  dar as grazas a todas as persoas que visitan e aprenden co Blog de Orientación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario