Páginas

martes, 1 de julio de 2014

UN ALUMNO DE BACHARELATO DO IES GARCÍA BARBÓN ENTRE OS MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA


Un total de 434 estudantes de Ensino Medio de 169 centros de Galicia acadaron unha puntuación definitiva de nove ou superior na parte xeral das Probas de Acceso á Universidade na convocatoria de xuño. Estas 277 rapazas e 157 rapaces verán recoñecido o seu esforzo esta tarde -día 1 de xullo de  2014- nun acto que, como cada ano, organiza a Universidade de Santiago. A provincia con máis estudantes avantaxados é A Coruña (188) seguida de Pontevedra (149), Lugo (69) e Ourense (28).

Entre os 28 estudantes da provincia de Ourense, está ÁNGEL DEPRADA FERNÁNDEZ, alumno que cursou os estudos de Bacharelato no IES García Barbón.

No acto que se celebrou no Auditorio de Galicia, Ángel estivo acompañado polo seu pai e o director do IES García Barbón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario